Escoitar
Anuncio Xerencia de Urbanismo

Aprobación inicial do proxecto de urbanización do polígono 11 do peri do Calvario

<br /> <br />

venres, 28 abr 2006
A Xunta de Goberno Local na súa sesión do 20 de marzo de 2006 acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do polígono 11 do Calvario elaborado polos arquitectos Salvador Fraga Rivas, Francisco Javier García-Quijada Romero e Manuel Portolés Sanjuán e visado polo COAG o 18 de xullo de 2005.

Ábrese un trámite de información pública polo prazo de vinte días hábiles, mediante publicación de anuncios no BOP e nun diario dos de maior circulación na Provincia.

O prazo de exposición pública entenderase aberto dende a primeira publicación ata o remate dos vinte días contados dende o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente está ao dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, para todos e todas aquelas persoas interesadas directamente ou afectadas que por resultar descoñecidas ou por ignora-lo seu domicilio non poidan ser notificadas persoalmente.