Escoitar
Anuncio Mobilidade e Seguridade

Convocatoria do exame de obtención do permiso municipal de conducción de autotaxis

<br />

venres, 28 abr 2006
Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas en tomar parte nos exames para a obtención do permiso municipal de condutor de autotaxis, que deberán presentar a solicitude xunto coa documentación esixida na vixente Ordenanza municipal reguladora do Servizo, até o día 19 de maio dos correntes. Teranse en conta soamente as solicitudes entregadas a partir do 28 de xaneiro de 2006, incluído.

Así mesmo, aquelas persoas que presentaron a solicitude con anterioridade e que teñan caducado o certificado médico (considérase caducado se pasaron máis de tres meses dende a súa data de expedición), ou que non o presentasen, deberán facer entrega dun novo certificado nas oficinas da área, antes do citado día.

As probas realizaranse o día 1 de xuño, na Casa do Concello. Os solicitantes comparecerán provistos de bolígrafo, DNI e carné de conducir.

HORARIOS
Ás 9 horas, solicitantes cuxo primeiro apelido estea entre o A-L, ambos os
dous inclusive.
Ás 11 horas, solicitantes cuxo primeiro apelido estea entre o M-Z, ambos os dous inclusive.

O Tribunal está composto por:
Presidente: Antonio Coello Bufill
Secretaria: Carmen Pintado García
Vogal: Juan Comesaña Alén