O alcalde asina a cesión gratuita dos terreos en Bouzas para o centro de saúde
Abel Caballero rubricou este venres o acordo polo que o Concello cede de xeito gratuito terreos en Bouzas á Xunta de Galicia, a través do Servicio Galego de Saúde (SERGAS), para a construción dun centro de saúde no barrio vigués.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo hoxe venres efectiva a cesión gratuíta dos terreos municipais en Bouzas para a construción dun novo Centro de Saúde na cidade. Coa sinatura, a titularidade do espazo no barrio vigués pasa a mans da Xunta de Galicia quen, mediante o Servizo Galego de Saúde SERGAS, se encargará da construción do ambulatorio.
Descargar todas as imaxes