Escoitar

Obradoiros infantís de Nadal no MARCO

A partir deste venres, 19 de decembro de 2008, comezan no MARCO os obradoiros infantís de Nadal, que estarán en marcha durante tres fins de semana consecutivas. Este programa diríxese a nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas, e ofrece ao público infantil e familiar unha posibilidade de aproveitar o tempo de lecer aprendendo e desfrutando neste período de vacacións escolares.

xoves, 18 dec 2008
1229606662marconadal.jpg
Xogando con ‘Copo’

Este Nadal atoparemos no MARCO un novo amigo, Copo, que chega para divertir aos máis pequenos e para mostrarlles que a creatividade e a imaxinación son as mellores formas de xogar no Nadal, coas que podemos crear os nosos propios agasallos. O noso amigo é un divertido boneco que non ten unha cor ou forma definida; é un creativo, un artista, e ademais moi aventureiro: nas súas viaxes coñeceu a Papá Noel e aos Magos de Oriente, cos que mantén unha boa amizade e aos que axuda sempre que pode, especialmente nesta época do ano... ‘Copo’ deséxavos un bo Nadal!


DATAS
 Venres 19, sábado 20 e domingo 21 de decembro de 2008
 Venres 26, sábado 27 e domingo 28 de decembro de 2008
 Venres 2, sábado 3 e domingo 4 de xaneiro de 2009

HORARIO
 Venres de 18.00 a 20.00; sábados e domingos de 12.00 a 14.00
Descargar todas as imaxes

Máis información