Os parados co subsidio de desemprego e os que perciban a renda activa de inserción pagarán a metade no vitrasa<br />
A proposta da revisión de tarifas para o transporte público do goberno local contempla a redución do 50% do billete a este colectivos e ás súas familias. Os transbordos gratuitos se amplían a unha hora e se mellora o servizo a Navia nas fins de semana. O prezo do billete ordinario e dos bonos se incrementará en 5 céntimos e os taxis suben as tarifas diarias un 4,2% e as nocturnas un 9,2%.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, adiantou hoxe venres as propostas de revisión de tarifas do transporte público para o ano 2009, que inclúen a redución do 50% do billete do autobús urbano para os parados e familias que cobren o subsidio de desemprego e aqueles que perciban a renda activa de inserción, que abonarían 0,57 céntimos.
Ademais desta "medida de carácter social", indicou Abel Caballero, se adoptan outras como ampliar o tempo dos dous transbordos gratuítos dos 45 minutos actuais a unha hora e tamén se mellora o servizo a Navia nas fins de semana. Os sábados, a frecuencia dos VITRASA se duplicará, pasando de 30 a 15 minutos; e os domingos pola tarde se instaurará unha liña cada 30 minutos, un servizo que non se está a realizar na actualidade.
As persoas de mobilidade reducida e os seus acompañantes continuarán coa gratuidade nos autobuses urbanos, explicou o alcalde, así coma os pensionistas de tipo 1 e 2. Tanto os bonos bus como os bonos para estudantes e os billetes ordinarios experimentarán no 2009 un incremento de 5 céntimos sobre o prezo actual.
No tocante aos taxis, a súa tarifa en horario diúrno se verá incrementada no IPC dos orzamentos municipais, un 4,2%, mentres que a nocturna aumentará o IPC do transporte, que se sitúa nun 9,2%. Con respecto aos prezos nocturnos, o alcalde explicou que o custo do servizo en Vigo é considerablemente inferior aos de cidades similares en Galicia, polo que se asumiu o compromiso de equiparalos progresivamente.
O alcalde afirmou que o total de viaxeiros no transporte público en Vigo continuará ascendendo en 2008. A estimación para este ano ronda os 22,9 millóns de viaxes con transbordo, polos 22,3 de 2007; e as viaxes sen transbordo serán este ano de 21,4 millóns, mentres que no pasado quedaron en 21 millóns.
9,7 millóns de subvencións
Abel Caballero estimou que, coas novas medidas de axuda ao transporte público, a subvención municipal para o mesmo ascenderá aos 9,7 millóns de euros, polos 9 millóns destinados a este fin neste ano 2008. Do total, o alcalde detallou que 8,5 millóns se dirixirían á subvención dos bonos, do que as lanzadeiras á cidade universitaria se levaría 1,2 millóns de euros.
O rexedor salientou o "esforzo de subvención importantísimo para manter as medidas de apoio social ao transporte público da cidade".
Auditoría financeira
O alcalde adiantou que o goberno local proporá á empresa concesionaria do servizo de autobuses urbanos a realización dunha auditoria financeira. Esta medida complementaría o estudo técnico xa encargado polo Concello para a revisión das liñas e facilitaría ao goberno, segundo Abel Caballero, tomar decisións para a mellora do transporte público na cidade.