Escoitar

O alcalde copiloto nun avión Yakovlev-52<br />

O Alcalde, Abel Caballero, sobrevoará Vigo hoxe 18 de Xullo a partires das 17:30 abordo dun Yak-52. O voo durará unha media hora e discurirá sobre Vigo e a sua comarca. O Yakovlev Yak-52 é un avión de adestramento soviético. Voou por primeira vez en 1976 e segue sendo fabricado en Romanía, por Aerostar. O Yak-52 foi utilizado orixinalmente como adestrador de acrobacias para os estudantes da organización soviética de adestramento DOSAAF. Esta organización adestraba pilotos tanto civís como militares.<br />

venres, 18 xul 2008
1216639433aguila.JPG
Venres 18 de Xullo de 2008.- O alcalde subirá a bordo dun Yak-52 esta tarde sobre as 17:30. A sua participación entra dentro dos actos que se están celebrando do Festival Aéreo Internacional que tendrá o seu cénit o domingo 20 de Xullo coa exhibición aérea na Ria de Vigo.
O voo durará unha media hora e irá acompañado dun piloto espcialista en acrobacias e con moitas horas de voo.

Desde principios dos 90 e a caída da Unión Soviética, moitos destes avións foron exportados a paises occidentais a asociacións e clubs, así como a particulares afeccionados á acrobacia. Dos aproximadamente 1.800 que se produciron ata a data, a maioría deles voan agora en Estados Unidos, Reino Unido, Nova Zelandia, Australia, Holanda e ata España.

Cun peso en vacio de 1.040 kg, o Yak-52 ten unha alta capacidade de resposta como avión acrobático. Ademais é de moi fácil manexo, voando e aterrando. É usado en todo tipo de competicións de acrobacia ata nos niveis máis avanzados. Ten un factor de carga de deseño de 9/-6 G, rota (cara á dereita) a 180 graos/s, e é capaz de realizar todas as manobras do catálogo Aresti.


O Yak-52, como a maioría de avións militares soviéticos, foi deseñado para operar nas peores condicións cun mantemento mínimo. Un dos seus factores crave, que lle diferencia da maioría dos avións occidentais, é o seu extenso sistema pneumático. O sistema de arranque de motor, tren de aterraxe, flaps, freado e control de dirección son accionados neumáticamente. É de especial dificultade de manexo o sistema de freado/dirección, xa que a aeronave usa freado diferencial controlado polos pedais e unha panca de accionamiento manual no mando de control.

O tren de aterraxe é totalmente retráctil, pero permanece externo ao non ter pozo, o cal engade resistencia, útil nalgunhas manobras, e supón unha medida de protección en caso de aterraxe forzosa co tren arriba.


Un bo número de versións "occidentalizadas" están sendo fabricadas actualmente. Se sustituiye a aviónica soviética, axustando unha hélice acrobática tripala, asentos eyectables, etc.
Descargar todas as imaxes