Escoitar
MEDIO AMBIENTE

Bando de prevención de incendios

venres, 18 xul 2008
MEDIO AMBIENTE, SANIDADE E CONSUMO

Co fin de garantir o cumprimento das obrigas derivadas da inclusión por parte da Consellería de Medio Rural de todo o territorio do termo municipal de Vigo como zona de alto risco de incendio forestal, pola especial frecuencia ou virulencia dos incendios forestais ou a importancia dos valores ameazados, de conformidade co disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, o Sr. Alcalde dispón o seguinte:
BANDO PREVENCION DE INCENDIOS
1.Circulación de vehículos
Prohíbese con carácter xeral, agás as excepcións establecidas na Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais e na Lei 43/2003, de Montes, circular con vehículos motorizados nos camiños forestais, camiños rurais e outras vías que os atravesen.
2.Prohibicións aplicables durante a época de perigo alto nas zonas forestais e nas de influencia forestal
Todos os tractores, máquinas e vehículos de transporte pesados que se van utilizar, deben estar provistos de equipamento para a extinción de incendios nos termos que se establezan regulamentariamente.
Prohíbense con carácter xeral, agás as excepcións establecidas na normativa ou as que o órgano competente poida establecer, as seguintes actividades:
Executar traballos que supoñan a utilización de maquinaria sen dispositivos de retención de chispas e de antilapas nos tubos de escape.
Calquera uso do lume.
Utilizar equipamentos de queima e de combustión destinados á iluminación ou á elaboración de alimentos.
As accións de fumigación ou desinfección en panais de abellas.
Fumar no seu interior ou nas vías que os delimitan ou os atravesan.
A utilización de fogos de artificio ou doutros artefactos pirotécnicos.
3.Obrigas dos propietarios
Os propietarios das parcelas que se atopen fóra do monte, pero a unha distancia inferior a 25 metros do seu perimetro están obrigados a xestionar a biomasa vexetal. (esta distancia contida no Decreto 105/2006, manterase en vigor ata a aprobación dos plans de distrito, momento no que se aplicará a distancia de 50 metros prevista na Lei 3/2007).
Os propietarios, arrendatarios, usufrutuarios ou persoas titulares de calquera outro dereito real ou persoal, están obrigados a xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 100 metros arredor de calquera núcleo poboacional, edificación, urbanización, depósito de lixo, cámpings, instalacións recreativas, obras, parques e instalacións industriais, situadas a menos de 400 metros do monte. Ademais, nos 50 metros desde a estrema da propiedade, non poderá haber as seguintes especies: piñeiro do país, piñeiro silvestre, piñeiro de Monterrey, piñeiro de Oregón, mimosa, acacia negra, eucalipto, queiruga, carqueixa, xesta, carpaza, xesta, piorno, fento, silva e toxo.

4.Obrigas durante os meses de xullo, agosto e setembro
Durante os meses de xullo, agosto e setembro, só será permitido o amoreamento en cargadeiro de subprodutos resultantes de corte ou extracción forestal tales como a biomasa forestal residual, estelas, cortiza, resina e todo tipo de restos agrícolas, sempre que sexa salvagardada unha área sen vexetación con 25 metros arredor.
A competencia sancionadora en materia forestal corresponde, de conformidade coa Lei 3/2007 de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, á Conselleria de Medio Rural. Advírtese que o incumprimento destas obrigas pode levar consigo a imposición de multas de 100 a 1.000.000 euros.
En calquera caso, os servizos municipais competentes por razón da materia velarán polo cumplimento das obrigas establecidas na referida normativa.