Escoitar

Pereza traerá a Vigo un espectáculo de gran carga visual con 120.000 watios de luz e 90.000 de son <br />

Os madrileños Pereza presentarán o vindeiro martes 22 de xullo o seu novo traballo "Aproximaciones" nun show de máis de dúas horas de duración co que xa encheron Las Ventas de Madrid o pasado mes de xuño.<br />

venres, 18 xul 2008
1216639741Pereza.JPG
Rubén e Leiva serán os encargados de inaugurar o recinto de Castrelos o vindeiro martes día 22 de xuño co gallo da programación das Festas de Verán. O concerto foi presentado esta mañá polo concelleiro de Cultura, Xesús López, e a responsable da empresa promotora Sweet Nocturna, Raquel Seijo. O concerto será o primeiro da longa lista de actuacións que este ano chegaron ao Auditorio de Castrelos, dentro dunha "programación de luxo con espectáculos axeitados para todos os públicos", explicou o concelleiro nacionalista.

Os madrileños Pereza chegarán a Vigo cun espectáculo que rachou con todas as expectativas de aforo, xa que o pasado mes de xuño encheron o recinto de Las Ventas en Madrid con 10.000 espectadores, todo un referente para medir o estado dos grupos no mercado. Coa xira "Aproximaciones" o dúo madrileño deu un salto de calidade, tanto no ámbito musical, como na propia posta en escena. Raquel Seijo explicou que este concerto "non é un show normal xa que o grupo fixo unha gran inversión escenográfica". Así, os fans de Pereza poderán asistir a un concerto de máis de dúas horas de duración nos que a parte visual está á par que a música. 120.000 watios de luz e 90.000 watios de son acompañarán aos madrileños que de seguro farán vibrar ao público de Castrelos. Ademais, durante o show varias pantallas xigantes proxectarán vídeos e montaxes visuais especialmente deseñadas para esta xira.




Dous anos pasaron dende a última vez que Pereza pasou por Vigo. Agora chegan á cidade convertidos nun referente do pop nacional e cun disco de platino baixo o brazo froito do seu traballo "Animales". E curiosamente nesta ocasión o grupo actuará no mesmo escenario que Siniestro Total, unha das bandas das que foron teloneiros nos seus comezos musicais.


Agora os que quentarán motores antes do concerto será o grupo coruñés Stereotipos, unha banda de pop-rock que nace en novembro de 2005 da man de Manu, e que logo de tocar con Carlos Trigo (batería) e Carlos González (baixo) en formato trío, rematan de definirse coa incorporación do guitarrista Julio Seijal. Stereotipos foron os gañadores do I Certame Novaxove Music organizado por Caixanova que premiaba ao mellor grupo novel galego.
Descargar todas as imaxes