Escoitar

O orzamento de Deportes medra un 20% ata os 22.817.000 euros

O alcalde detallou este xoves os presupostos para o ano 2026 da área de Deportes que ten unha “dedicación excepcional” no documento que acaba de ser aprobado pola Xunta de Goberno municipal.

xoves, 23 out 2025

O orzamento de Deportes de Vigo do ano 2026 ascende a 22.817.000 euros, un 20% máis ca o ano anterior, o que supón un incremento de 3.848.000 euros.

Abel Caballero explicou a dedicación “excepcional” do Concello ao deporte porque “vertebra a cidade. Levámolo facendo tantos anos e seguimos coa maior atención e co incremento de dotacións” e destacou algunhas partidas: a nova piscina Teis (5.000.000 de euros), a subvención ao festival O Marisquiño (1.342.000 euros), as axudas aos clubs e entidades deportivas sen ánimo lucro da cidade (1.521.150€) e a apertura e peche de instalacións deportivas (1.176.000€).

Ademais, o Goberno de Vigo dedica 510.000 euros ás Escolas Deportivas Municipais e á prestación do servizo da piscina das Travesas 1.641.276€, á de Lavadores 972.003€ e á de Valadares 683.262€. A dedicación aos monitores deportivos dos ximnasios do Berbés e do Carmen suma 264.822 euros.

No capítulo de subvencións, o Concello reserva 165.000 euros para instalacións deportivas dos centros educativos, 200.000 euros para a UVigo para utilización do campo de rugby, 170.000 euros para investimentos de instalacións deportivas, 100.000 euros para financiar eventos deportivos, 50.000 euros para os deportistas de elite e 150.000 euros para a Fundación Vide.

O Goberno municipal destina diferentes importes para subvencións de equipamentos deportivos (66.000€), para desprazamentos competicións (75.000€), para a participación en fases de ascenso (75.000€ “que poden ampliarse se fose necesario”) e para os gastos enerxéticos dos campos (30.500 euros). E o orzamento para mantemento, equipamento e mellora instalacións deportivas e campos ascende a 880.000 euros.

En canto ás obras en instalacións deportivas, o alcalde destacou a primeira anualidade pistas atletismo (100.000€), a substitución do terreo de xogo do CF Samil (370.000 euros), o peche perimetral das pistas de tenis Samil (125.000), a mellora da cuberta do pavillón das Travesas (194.400€), o pavimento do pavillón de Bembrive (35.000€), a cuberta da pista deportiva de Zamáns (150.000) e o novo sistema de iluminación da ETEA: 75.000€.

Respecto ás subvencións municipais para equipos da cidade, o Coruxo FC recibirá 160.000€, a organización de competicións internacionais 140.000€, o Bosco baloncesto feminino 127.750€, a SD Carballal 40.000€, o Club Ciclista Rías Baixas 30.000€, o Rally Rías Baixas 50.000€, o Torneo Nadal Fútbol base 20.000€, a Copa Vigo 6.000€ e a organización da San Silvestre 30.000€. Amais o Celta Feminino de Atletismo recibirá 25.000€, o Celta Masculino Atletismo 25.000€, o Vigo Voleibol 60.000€, o Trasnos béisbol 18.000€, o Bembrive FS 40.000€, o Travesas Hóckey Club 25.000€, a Escola Rosalía de Castro 12.000€ e o Tenis de mesa 15.000 euros.

Caballero citou tamén a dedicación municipal ao deporte a través dos remanentes, cun investimento de 14.492.000 euros dos que se destinan 8.487.000 euros á reforma de 9 vestiarios de campos fútbol: A Bouza, Monte da Mina, San Andrés de Comesaña, A Guía, Santa Mariña, Carballal, Candeán, Meixoeiro e as Relfas Sárdoma. Amais, o Concello executará outras obras en instalacións deportivas por valor de 3.932.542 euros: no Complexo deportivo da Madroa 800.000 euros, na cuberta do pavillón de Teis 522.242 euros, na mellora da cuberta do pavillón complexo das Travesas 520.300 euros, na cuberta do pavillón de Coruxo 250.000 euros, na cuberta do pavillón frontón cuberto 250.000 euros, na herba do campo de fútbol Monte da Mina 350.000 euros, no pavimento do pavillón de Bembrive 120.000 euros e no pavimento do pavillón de Lavadores 120.000 euros.

Descargar todas as imaxes