Escoitar

O Concello mellorará os accesos a Navia pola Avenida de Europa e Coia

Mellorar os accesos ou reforestar o parque de Navia son algúns dos compromisos que o rexedor asumiu con responsables de asociacións de veciños e comerciantes do barrio ao longo dun encontro que mantiveron esta mañá de mércores na Alcaldía.

mércores, 16 mai 2012
1337182437navia.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, comprometeuse hoxe mércores a dar saída a Navia pola Avenida de Europa así como a conectar a pé o barrio con Coia, mellorando os accesos desde a zona intermedia de Teixugueiras. Ao longo dun encontro que mantivo esta mañá con responsables veciñais e comerciais do barrio, o rexedor asumiu, asimesmo, a necesidade de reforestar o parque "porque queremos facer unha zona verde relevante que sirva de espazo de ocio para toda a cidade". Tamén se referiu á necesidade de mellorar a zona de auga e de construir novos aparcamentos.

No tocante as instalacións educativas, apuntou que "hoxe mesmo envieille unha carta á Xunta" reiterando a petición da ampliación do colexio, superado coa demanda, así como a cuberta do patio, responsabilidade única da administración autonómica.
Descargar todas as imaxes