O Museo do Mar inaugura NEUSTON, unha exposición que aúna ciencia e arte
O Museo do Mar acolle a partir do venres 13 de marzo, ás 20.00 horas, a exposición "Neuston. Experimento 1. Explorando a interface", onde se propón unha reflexión sobre o mar de Galicia dende un punto de vista científico e artístico. A mostra, coordinada por José Pintado co apoio do Museo do Mar, a consellería de Cultura e o Instituto de Investigacions Mariñas de Vigo (IIM), fai un percorrido polo universo mariño e animal, onde quince científicos e quince artistas chegan a un entendemento entre os seus mundos a través dunha linguaxe común.
A exposición, que foi presentada o pasado ano no Euroscience Open Forum (ESOF2008) de Barcelona, e da que tamén xurdiu un libro, é o resultado dun laborioso traballo onde a razón e a expresión conflúen nun mesmo proxecto a través de poemas, esculturas, relatos, pinturas, cómics, contos e imaxes. O termo neuston, que metafóricamente dá nome a este proxecto, define a comunidade de organismos que viven asociados á superficie na interface auga-aire, que neste caso convértese na interface ciencia-arte.
O sistema de colaboración consistiu en que os investigadores expuxeron aos creadores un aspecto concreto do seu traballo, tomando como punto de partida unha publicación científica. Isto daba inicio a un diálogo, de onde saiu a proposta final dos artistas. Pódese ver, por exemplo, no relato breve de Marilar Aleixandre, que situou o suxeito da investigación de Marta L. Cabo -unha bacteria contaminante na industria conserveira- nun contexto humano; ou no proxecto de Xosé M. Álvarez Cáccamo, que comparou os sistemas de reacción-difusión descritos por Antonio A. Alonso, dos cales descoñecía a ecuación, coa xénese dun poema.
Os participantes
Dos trinta integrantes, unha metade pertence ao CSIC e a outra son creadores galegos. Ademais, para a edición do libro contouse coa colaboración do crítico e teórico de arte Alberto Ruiz de Samaniego, que fixo a introdución artística; co debuxante Alfredo López, que creou unha figura onde ilustra os organismos do neuston; e co investigador do IIM de Vigo, Tim Wyatt, que escribiu o prólogo científico.
Escritores e artistas
Marilar Alexandre
Fran Alonso
Xosé M. Álvarez Cáccamo
Rosa Aneiros
Martín R. Caeiro
Fernando Casás
Víctor F. Freixanes
Din Matamoro
Alfredo López
Gonzalo Navaza
Miguel Anxo Prado
Xavier Queipo
Alberto Ruíz de Samaniego
Manuel Sendón
Vítor Vaqueiro
Miguel Vázquez
Manuel Vilariño
Investigadores
Antonio A. Alonso
Xosé Antón Álvarez-Salgado
Eva Balsa-Canto
Antonio Figueras
Marta L. Cabo
José M. Franco
José Luís Garrido
Ángel Guerra
Isabel Medina
Miguel Anxo Murado
Santiago Pascual
José Pintado
Miquel Planas
Fran Saborido Rey
Carmen G. Sotelo
Tim Wyatt
Neuston permanecerá aberta hata o día 21 de xuño.
Descargar todas as imaxes