Escoitar

O Concello promociona Vigo en Londres ante prescriptores e medios especializados

O alcalde, Abel Caballero, viaxa no mediodía deste martes a Londres para participar mañá mércores nunha reunión de promoción da cidade como destino turístico de calidade na capital británica. Complementando esta actividade, Caballero adiantou que periodistas especializados visitarán Vigo o próximo venres para coñecer a cidade de cerca.

martes, 22 mai 2012
1337701191alcalde2.jpg
Abel Caballero explicou que o acto de promoción turística de Vigo en Londres pretende trasladar a imaxe da cidade como un destino turístico de calidade e próximo, aproveitando a ruta aérea que une Peinador e Heathrow operado por Vueling.

Mañá mércores, desde as 9 ata as 11:30 horas, medios especializados e prescriptores de opinión asistirán a unha presentación da cidade co obxectivo de "aproximar" á capital británica o coñecemento de Vigo. Esta acción completarase coa visita de periodistas do sector turístico á cidade olívica o próximo venres, para trasladar as súas vivencias á opinión pública inglesa.
Descargar todas as imaxes