Escoitar

O Concello programa espectáculos ao aire libre para celebrar o Día Internacional da Danza

A edil de Cultura, Isaura Abelairas, presentou este xoves as actuacións gratuitas dos integrantes da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais para conmemorar o Día Internacional da Danza, o próximo domingo, 29 de abril. Os espectáculos serán ás 12 horas, durante 90 minutos, na rúa peonil do Calvario, en Príncipe, na Praza da Independencia, en Montero Ríos e na Alameda de Bouzas.

xoves, 26 abr 2012
1335436338isaura.jpg
Tanto o Concello de Vigo como a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais animan á cidadanía a sumarse aos actos de celebración desta xornada, na que a entidade procura amosar aos vigueses o traballo que fan no seu día a día.

Por outra banda, e para complementar a programación matinal, na tarde do domingo, ás 18 horas, terá lugar no auditorio municipal do Concello a actuación do grupo de danza Aracaladanza, coa representación de Nubes, espectáculo de danza contemporanea dixirido a público familiar, dentro do programa municipal de artes escécnicas Vigocultura. As entradas están á venda en laboleteria.es ou o domingo dende unha hora antes nas taquillas do auditorio (3 € menores de 12 anos, 5 € adultos).
Descargar todas as imaxes

Máis información