Escoitar
Xerencia de Urbanismo

Iniciación do estudo sobre necesidades da modificación puntal nº 6 do PXOM

<br />

venres, 1 abr 2011
O Pleno do Concello, en sesión ordinaria do día vinte e oito de febreiro de 2011, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro.- Iniciar o estudo da modificación nº 6 do PXOM, derivada do trazado definitivo da infraestrutura viaria "variante da A-55" que afecta aos seguintes ámbitos do PXOM vixente:
- Solo urbano consolidado: AOP-13 Arquitecto Palacios, superficie cualificada coa ordenanza 9.1º delimitada polas rúas Finca do Conde, ata o contacto coa API-37 e coa AOP-13 Arquitecto Palacios, rúa Camiño Freixeiro e Baixada á Igrexa
- Ámbitos de solo urbano non consolidado: APR A-4-48 Pontenova AOD, APR A-4-57 Castreliños, APR A-4-61 Laxe-2, APR A-4-58 Laxe 1
- Sectores de solo urbanizable delimitado:S-30-R Fragosiño-D, S-25-R Costa Castrelos, S-26-R Pescadeira
- Ámbito se solo urbanizable non delimitado: SUND Cabada 1
- Áreas de solo rústicos RPEN e RPI na zona do río Eifonso

Segundo.- Suspender a tramitación de licencias no solo urbano consolidado: ÁOP-13 Arquitecto Palacios, superficie cualificada coa ordenanza 9.1º delimitada por as rúas Finca do Conde, ata o contacto coa API-37 e coa AOP-13 Arquitecto Palacios, rúa Camiño Freixeiro e Baixada á Igrexa

Terceiro.- Suspender a tramitación do planeamento nos ámbitos de solo urbano non consolidado APR A-4-48 Pontenova AOD, APR A-4-57 Castreliños, APR A-4-61 Laxe-2, APR A-4-58 Laxe 1, nos sectores de solo urbanizable delimitado: S-30-R Fragosiño-D, S-25-R Costa Castrelos, S-26-R Pescadeira e no ámbito se solo urbanizable non delimitado: SUND Cabada 1.
Cuarto.- Encargar aos servizos técnicos e xurídicos municipais a redacción da documentación e da tramitación de dita modificación
Quinto.- Proceder á publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e nun periódico de maior difusión da provincia.