Caballero dá a benvida ao sector da pesca e produtos do mar no Congreso FAO - Conxemar
Abel Caballero deu a benvida aos asistentes ao Congreso FAO - Conxemar, que este ano centrará as súas conferencias no informe SOFIA, un documento completo do sector pesqueiro que se actualiza cada dous anos. O alcalde louvou o peixe e produtos do mar como materia prima para unha alimentación saudable. En canto á produción, Caballero manifestou a importancia da ciencia para guiar as política do sector. "Ecoloxismo baseado na ciencia", incidiu na súa intervención. Na inauguración tamén interviron o presidente de Conxemar, Eloy García; Audun Lem, director adxunto de pesca e acuicultura da FAO; e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares.