xoves, 21 mar 2024
O alcalde trasladou hoxe a súa preocupación pola demora xa que, de non realizarse con prontitude a sinatura, provocarase un prexuízo ao Celta e á súa afección.
xoves, 21 mar 2024
O alcalde acudiu ao acto simbólico na Vía Verde, onde o goberno local plantará estes días 50 novas árbores de gran porte. O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Árbore.
xoves, 21 mar 2024
Consolidar a Semana Santa de Vigo como unha das efemérides importantes da cidade é o obxectivo trazado polo goberno de Abel Caballero ao manter o apoio ás celebracións dos últimos anos. O Concello achega 37.000 euros para as procesións e as celebracións públicas.
xoves, 21 mar 2024
Esta fin de semana, sábado 23 e domingo 24 de marzo, comezan as actividades incluídas na programación da Festa da Reconquista como é o caso da destitución da corporación municipal de 1809.
xoves, 21 mar 2024
O alcalde avanzou este xoves algunhas das actividades infantís organizadas polo Concello para a Semana Santa. A Porta do Sol acollerá o II Festival de Maxia de rúa e a Praza do Rei un espazo de xogo infantil con Superthings, Playmobil e Piratix.
xoves, 21 mar 2024
O Museo de Arte Contemporánea exhibe desde hoxe, ata o 15 de setembro, a obra máis recente do artista de Vigo Bosco Caride, que, segundo afirmou Abel Caballero no acto de presentación, conta cun valor artístico extraordinario que require traballar para “facer que todo Vigo vexa esta grande exposición”. Ante o concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, o artista Bosco Caride, o director do MARCO, Miguel Fernández-Cid, e o comisario da mostra, Jaume Vidal, o alcalde recalcou que as obras teñen a singularidade de “atraer e atrapar” ao observador polas sensacións que produce cada cadro.
xoves, 21 mar 2024
A Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD) ofrece durante esta semana varios concertos didácticos baixo o título "Vocasóns", cos que queren achegar aos escolares de Primaria da cidade á música tradicional. Este xoves, Abel Caballero saudou ao alumnado do CEIP Virxe do Rocío, do CPR Atalaya-Cantabria, do CPR San José de Cluny, do CPR Mariano, do CEIP Vicente Risco e do CEIP Josefa Alonso que asistiron como público a un dos concertos programados.
xoves, 21 mar 2024
O Concello súmase á conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down tinguindo de azul e amarelo as fontes de Aragón este xoves 21 de marzo, coincidindo coa data designada polas Nacións Unidas. Nesta xornada, desde Down España reivindican máis oportunidades de emprego para as persoas con Síndrome de Down.