Escoitar

As corais de Valadares e Matamá e Emilio Sotelino in memorian, Vigueses Distinguidos 2024

O alcalde avanzou este mércores que a Asociación de Viúvas Demócratas de Vigo e a escritora María Reimóndez tamén serán galardoados na gala que se celebrará o vindeiro martes, 26 de marzo, no Teatro Afundación.

mércores, 20 mar 2024

Abel Caballero deu conta das persoas e entidades que recibirán o vindeiro martes as distincións da cidade como Viguesas e Vigueses Distinguidos 2024.

No ámbito cultural, o Concello recoñecerá in memorian a Emilio Sotelino, un referente do folclore en Galicia, foi responsable durante corenta anos de Lembranzas Galegas, fundador da Asociación Interfolk e desenvolveu “tantas accións da música tradicional galega”.

Será Viguesa Distinguida a Coral Polifónica do Centro Cultural de Valadares, con máis de 50 anos de traxectoria facendo das corais unha acción extraordinaria e recibirá o mesmo recoñecemento a Coral Polifónica da Sociedade Cultural Deportiva Atlántida de Matamá, con 50 anos de traxectoria desde que nacera no ano 1974, baixo a dirección de José Oliveira e agora da man de Enrique Lorenzo.

No ámbito asociativo, a cidade recoñecerá o labor da Asociación de Viúvas Demócratas de Vigo, que desde o ano 2005 fai un traballo de acompañamento ás viúvas e ás súas familias na defensa dos seus intereses e dereitos.

Ademais, María Reimóndez Meilán, escritora e doutora en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo será Viguesa Distinguida. Ten publicadas máis de 50 obras como autora ou co-autora, tanto de poesía como de narrativa, literatura infantil e xuvenil e ensaio, labor polo que ten recibido, entre outros, o Premio Xerais (2014) ou o Jules Verne de Literatura Infantil pola súa última obra “Furia”, no ano 2023.

A lista de premiados este ano complétase coas medallas de ouro da cidade que son para a Policía Nacional e Povisa. Serán Viguesas e Vigueses Distinguidos o IES A Guía, o CEIP Lope de Vega, o Colexio Quiñones de León, o proxecto musical Son das Flores, o Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia singularizado na súa presidenta, Iria Otero; na dirección deportiva, Sergio González; e no seu fundador, Aalí Mohamed; o Celta Atletismo – Real Club Celta de Atletismo e o Club Deportivo Coia.

Descargar todas as imaxes