Escoitar

Caballero explica ao alumnado do Colexio Mariano a importancia da xestión municipal na vida da cidadanía

Abel Caballero recibiu este martes, no Salón de Plenos do Concello de Vigo, ao alumnado do Colexio Mariano que participaron no programa didáctico "Vigo o teu Concello". O rexedor explicou aos escolares que as decisións que adopta o goberno e a corporación municipal inciden directamente nun número importante de ámbitos da vida da cidadanía. O alumnado percorreu as dependencias das principais instalacións municipais, como a Sala de Control do Tráfico.

martes, 19 mar 2024
Descargar todas as imaxes