O goberno de Vigo concedeu case 90 axudas de emerxencia por máis de 26.000 euros
Abel Caballero deu conta das axudas de emerxencia concedidas a familias a semana pasada, compatibles coa RISGA e o Ingreso Mínimo Vital.
O Concello concedeu case 90 axudas de emerxencia por máis de 26.000 euros. O alcalde deu conta do detalle, asignando 37 para alimentación, 26 para o pago de alugueiros e 23 para subministros e gastos de farmacia. “Pagar 26 alugueiros significaron evitar 26 desafiuzamentos de 26 familias”, expresou o rexedor.
Caballero apuntou “que o goberno local segue a atender ás persoas vulnerables coas axudas de emerxencia, compatibles coa RISGA e o Ingreso Mínimo Vital”.