Inauguradas as xornadas formativas “As políticas públicas de Igualdade” organizadas polo Concello
No marco da programación municipal polo Día Internacional da Muller 2024, as xornadas formativas ofrecen durante dous días un espazo de reflexión sobre as catro décadas de políticas públicas de igualdade en España e Galicia.
A Sala de Conferencias de Afundación acolle este mércores 20 e o xoves 21 as xornadas “As políticas públicas de Igualdade” que inaugura o alcalde e que contará coa participación de Beatriz Corredor, presidenta de Redeia (Rede Eléctrica de España) e exministra de Vivenda. A continuación, a exconselleira de Vivenda, Teresa Táboas, e a directora da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, Inma Aguilar, abordarán a “Subrepresentación das mulleres e alianzas estratéxicas para o avance das políticas públicas de Igualdade”.
O xoves 21, a presidenta do Comité para a Eliminación da Discriminación contra a Muller, Ana Peláez, única española nesta entidade, falará sobre a “Actualización sobre o traballo de Nacións Unidade e retos futuros para a igualdade das mulleres no planeta”. Amais, desenvólvese a última mesa redonda sobre “Globalización e igualdade en escenarios complexos” coa intervención da cantante Marilia; a profesora de Filosofía do Dereito, Tasia Aránguez, a directora creativa de Animosa, Rebeca Tenoira e a alcaldesa de Maceda, Uxía Oviedo.