Escoitar

O alcalde felicita ao xefe dos museos municipais polo premio á súa tese doutoral

Abel Caballero felicitou este mércores ao xefe de museos municipais do Concello, José Manuel Rey García, polo premio recibido á tese de maior impacto en investigación, transferencia e divulgación científica concedido pola Escola Internacional de Doutoramento EIDUNED- Banco de Santander. En paralelo, o alcalde destacou “o nivel importantísimo” dos directores de todos os museos municipais de Vigo.

mércores, 20 mar 2024

O rexedor apuntou que a tese premiada de José Manuel Rey está centrada nos gravados rupestres e a forma de exhibilos. Incorporado á xefatura dos museos municipais de Vigo hai un ano, o recoñecemento á tese doutoral de José Manuel Rey “merece a nosa felicitación”, afirmou o alcalde.

Abel Caballero aproveitou o galardón para destacar o alto nivel de todos os directores de museos de Vigo, con José Ballesta á fronte do Museo Quiñones de León; Miguel Fernández no Museo de Arte Contemporánea e Javier Pérez Buján na Fundación Laxeiro. “Son profesionais recoñecidos en Europa. Témolos en Vigo, traballan para a cidade e felicito aos catro polo seu extraordinarion nivel e capacidade de levar adiante museos en rango europeo”, afirmou o alcalde.

Descargar todas as imaxes