“Vigo rúa máxica” e “Vigo mundo xogo”, propostas infantís municipais para Semana Santa
O alcalde avanzou este xoves algunhas das actividades infantís organizadas polo Concello para a Semana Santa. A Porta do Sol acollerá o II Festival de Maxia de rúa e a Praza do Rei un espazo de xogo infantil con Superthings, Playmobil e Piratix.
“Vigo rúa máxica”, o II Festival de maxia na rúa da cidade desenvolverase entre o 25 e o 31 de marzo na Porta do Sol. Serán 7 xornadas de ilusionismo protagonizadas por 9 magos de Galicia, Barcelona, Asturias, Madrid e Arxentina que en palabras de Caballero ofrecerán “unha gran exhibición de maxia” para toda a cidade. O Concello dedica 18.000 euros ao programa cuxas actuacións serán totalmente gratuítas
Participarán os magos David Mestre, Kayto, Dani García, Carlos Adriano, David Navares, Kenneth, Adrián Conde, Brando e Silvana e Pedro Volta. Este ano a novidade é a apertura durante 4 días da “Habitación de Ames”, unha caixa que xera ilusións ópticas.
O calendario de actuacións é o que segue:
- Luns 25 de marzo:
“Habitación de Ames”, de 17.00 a 20.30 horas
“Maxia sobre rodas” e “Son Maxia”, con David Mestre, de 18.00 a 19.30h
- Martes 26 de marzo:
“Habitación de Ames”, de 17.00 a 20.30h
“Maxia sobre rodas” e “A maxia de Kenneth”, de Joshua Kennet, de 18.00 a 19.30h
- Mércores 27 de marzo:
“Habitación de Ames”, de 17.00 a 20.30h
“Vibranium”, de Pedro Volta, de 18.00 a 19.30h
- Xoves 28 de marzo
“Habitación de Ames”, de 17.00 a 20.30
“Pasen e vexan”, de Carlos Adriano, ás 12.00 do mediodía
“Alokayto”, do Mago Kayto, ás 12.30
“Circus”, de Brando e Silvana, ás 13.00
“A Maxia dun trotamundos”, de David Navares, de 17.30 a 18.30
- Venres 29 de marzo
“A maxia dun trotamundos”, de Navid Navares, ás 11.30h
“Alokayto”, do mago Kayto, ás 12.30h
“Maxia Variette”, de Brando e Silvana, ás 13.00 h
“Pasen e Vexan”, de Carlos Adriano, ao 13.30
“Don Gelati”, de Dani García, de 17.30 a 18.30
- Sábado 30 de marzo:
“Autobús Máxico 1953”, Brando e Silvana e Carlos Adriano, ás 12.30
“Autobús Máxico”, Kayto, Carlos Adirano e Brando e Silvana, de 17.30 a 20.30
- Domingo 31 de marzo:
“Check out”, de Adrián Conde, ás 12.30
Vigo mundo xogo
O rexedor explicou tamén que a Praza do Rei acollerá en Semana Santa un gran espazo de xogo para as nenas e nenos, que permanecerá aberto desde o xoves 28 ao domingo 31 de marzo, en horario de 11 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas, cun orzamento municipal de case 17.000 euros. Son 200 metros cadrados con tres propostas: Superthings, Piratix e Playmobil. A rapazada poderá acceder á zona de xogo onde haberá mesas temáticas e contedores de materiais dos tres xogos: as últimas coleccións de Superthings, a nova colección de Piratix e xoguetes de diferentes temáticas de Playmobil: City, Dino Rise, Regreso ao Futuro, Novelmore, Ayuma…