xoves, 1 xul 2021
A Xunta de Goberno Local aprobou a compensación á concesionaria do servizo público de transporte urbano colectivo de viaxeiros pola redución de ingresos debido á pandemia do Covid-19.
xoves, 1 xul 2021
Abel Caballero detallou os tres programas municipais de actividades náuticas previstas para este verán que se desenvolverán ao longo dos meses de xullo, agosto, setembro e outubro con xornadas en Cíes, viaxes a bordo do Nautilus e roteiros guiados con temática literaria.
xoves, 1 xul 2021
Vigo aposta por un sistema de reciclaxe que premia aos cidadáns con incentivos que axuden a mellorar o seu entorno máis próximo ao tempo que fomenta a circularidade dos envases. Así o dixo esta mañá o rexedor na presentación de Reciclos, na Farola de Urzáiz durante un acto no que advertiu da importancia da acción individual na preservación do medio ambiente.
xoves, 1 xul 2021
O alcalde participou este xoves no acto de inauguración da XLVII edición da Feira que, ata o 10 de xullo, acollerá diferentes actividades, sinaturas de libros e encontros con escritores. Caballero convidou a toda a cidade que “acuda aquí, que veñan á rúa do Príncipe, paseen polas casetas, se poden que merquen un libro ou que se acheguen a saudar ás libreiras e libreiros”, a quen agradeceu o seu labor e a súa proximidade aos lectores e á cidade.
xoves, 1 xul 2021
Axencia Europea de Control de Pesca conmemorou a data nun acto ao que asistiron, entre outras autoridades, o alcalde, o secretario de Estado para a Unión Europea, Juan González-Barba Pera e Pascal Savouret, director executivo da Axencia Europea de Control de Pesca, no seu último acto na cidade como director da entidade. No seu discurso, Abel Caballero referiuse á pandemia e á Europa “que queremos” que é “a do Plan de Recuperación, esta forma de enfocar radicalmente as crises cando se producen, tendendo a man sabendo que xuntos e cooperando activamente seremos capaces de ter unha Europa máis solidaria, máis activa e na que a cidadanía nos vexamos reflectidos”.
xoves, 1 xul 2021
Abel Caballero mantivo esta tarde un encontro con Juan González-Barba, secretario de Estado para a UE para falar da “Europa das cidades”, segundo avanzou en declaracións previas o rexedor. Como presidente da FEMP e dentro da Conferencia Europea que se iniciou en Portugal, o alcalde reiterou que Vigo lidera esa “Europa das cidades con grandes proxectos que se irán coñecendo pouco a pouco”.