Escoitar

O Pleno aprobou sen ningún voto en contra a modificación orzamentaria para a liquidación dos aparcadoiros de Jenaro de la Fuente e Castelao

O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, lamentou que por mor da “mala planificación” do goberno de Corina Porro o goberno local teña que facer cargo ao remanente de 8,3 millóns de euros. O voceiro do PP sinala ao alcalde como problema. O Grupo Mixto e o concelleiro non adscrito chaman á xestión pública dos aparcadoiros.

mércores, 30 xuñ 2021

O pleno aprobou a modificación orzamentaria para o pago da liquidación dos aparcadoiros de Jenaro de la Fuente e Castelao sen ningún voto en contra, concretamente 18 a favor do Grupo Socialista e 7 abstencións do Grupo Popular, Grupo Mixto e o concelleiro non adscrito.

O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, lamentou ter que facer cargo ao remanente a cifra de 8,3 millóns de euros que supón a liquidación. O edil lembrou que “unha semana antes das eleccións de 2007, o goberno de Corina Porro adxudicou os aparcadoiros a empresas cunhas condicións que no caso de concurso de acredores, o concello indemnizaría ao adxudicatario”.

Pola sua banda, o voceiro do Grupo Popular, Alfonso Marnotes, apuntou que “o problema 14 anos despois é Abel Caballero” e dixo que “comerciantes e veciños están encantados cos aparcadoiros porque son útiles”. O Grupo Mixto pediu que os concelleiros responsables destas accións respondan “co seu patrimonio” porque “non había escusa financeira, nin leis restritivas e se fixo para engordar empresas amigas”. O concelleiro non adscrito pediu co seu voto particular crear unha empresa municipal de servizos para a xestión pública dos aparcadoiros.

Aneiros rexeitou a proposta do concelleiro non adscrito e explicou que “habería un aumento do gasto ao ter que pagar indemnizacións aos aparcadoiros cun contrato vixente e iso aminora as contas do concello para ofrecer outros servizos”. Ademais, lamentou o modelo do PP: “están inhabilitados para gobernar”.

Aprobación da Conta Xeral do Concello de Vigo

O Grupo Socialista aprobou as contas do ano 2020 co voto en contra da oposición. O responsable de Facenda fixo fincapé nos “parámetros positivos” e eludiu ao Tribunal de Contas que di que “os resultados técnicos son positivos”. Aneiros apuntou que “os cidadáns de Vigo reciben máis en políticas públicas, servizos e inversión que a media que pagan”

A oposición lamentou que o goberno non executara 110 millóns do presuposto e consideran que existe “un problema estrutural de no execución” ao que desde el Grupo Socialista se respondeu que “temos a mellor política social de España”.

Ordenanza de Procedemento Administrativo Electrónico

Vigo contará cunha ordenanza para o procedemento administrativo electrónico. O pleno aprobou cos votos a favor do Grupo Socialista, Grupo Popular e Grupo Mixto a norma que regula este servizo á cidadanía. O concelleiro non adscrito abstívose. A responsable da área de Administración Electrónica, Patricia Rodríguez Calviño, apuntou os máis de 700.000 trámites na sede do concello e que “a ordenanza será un instrumento de seguridade e garantía xurídica entre as administracións e os cidadáns” e asegurou á oposición: “Ninguén vai quedar atrás”.

Descargar todas as imaxes