Escoitar

O Concello avanza na peonalización da Porta do Sol coa desmontaxe do antigo aparcamento

O alcalde supervisou esta mañá o inicio dos traballos de demolición do antigo aparcamento de Porta do Sol para poder seguir avanzando na construción do túnel. Desde hoxe unha grúa de 220 toneladas situada na zona do Sireno permitirá retirar a estrutura existente.

martes, 29 xuñ 2021

Abel Caballero deu conta esta mañá do inicio dunha nova fase na construción do túnel que permitirá peonalizar a Porta do Sol. Hoxe comezaron os traballos de demolición do antigo aparcamento público para proceder, posteriormente, á montaxe da estrutura necesaria para a execución do corredor. Para realizar estes traballos de demolición, utilizaranse piares prefabricados e vigas mixtas, ademais dunha grúa de 220 toneladas situada na zona do Sireno desde esta mañá. A finais do mes que vén chegará outro vehículo pesado similar, neste caso de 180 toneladas, que se ubicará nas inmediacións da Praza da Princesa.

Tamén comezarán os traballos de micropilotaxe en Elduayen o que permitirá, unha vez retirada a terra, que a obra sexa subterránea dado que formarán unha pantalla que albergará ao túnel e as instalacións precisas nesa zona. Os micros son unha armadura tubular de aceiro de calidade N-80 de 177 mm de diámetro, 11mm espesor e lonxitude de 11m.

O alcalde lembrou en rolda de prensa que o orzamento das obras é de 17 millóns de euros, financiados con Fondos Feder da Unión Europeo dentro do proxecto Edusi-Vigo Vertical.

Descargar todas as imaxes