O goberno de Vigo organiza 43 actividades e concertos en apoio ao comercio local
A música encherá “todo o espectro da cidade”, dixo o alcalde, e incidiu no “apoio decidido” ao comercio de Vigo.
Abel Caballero anunciou 43 concertos e actividades para apoiar ao comercio de Vigo. “ É un apoio decidido” incidiu.
O rexedor informou en rolda de prensa que os distintos eventos desenvolveranse en “todo o espectro da cidade” e que estas actividades súmanse á promoción que se fai coa publicidade.
Deste xeito, ata o oito de agosto, haberá música e actividades para lecer no Paseo Alfonso XII, Praza Compostela, Montero Ríos, Rosalía de Castro, Praza 8M, Parque Camilo José Cela, Praza Independencia, distintos puntos da Rúa Urzáiz, Barrio das Flores, Ecuador, Progreso, Ronda Don Bosco, Alameda Suárez Llanos e Policarpo Sanz.
Esta semana as actuacións son as seguintes:
28 junio a las 20:00 horas en Plaza Compostela
Llorente & Tribu
29 de junio 20:00 horas en Plaza Compostela
Mago Rei Midas
30 de junio a las 20:00 horas en Montero Ríos
Pelotón de los Torpes
1 de julio a las 20:00 horas en Montero Ríos
Skara Jazz
2 de julio a las 20:00 horas en Rosalía de Castro
Tony Lomba
3 de julio a las 20:00 horas en Rosalía de Castro
Banda de música
4 de julio a las 20:00 horas en Montero Ríos
Alberto Cunha
Caballero sinalou “a importancia de comprar no comercio local porque todo o que se gasta en Vigo quédase en Vigo”.
Apoio as Comisións de Festas e máis eventos
Por outra banda, o alcalde tamén lembrou o apoio do concello as Comisións de Festas de todas as parroquias da cidade.
Esta semana celébranse as Festas Patronais de San Pedro de Sárdoma e haberá dous actuacións: o 29 de xuño as 19 horas a Banda Musical de Bembrive e o 30 de xuño ás 20:30 horas haberá una sesión do programa Vigo Bailando
Ademais, Caballero quixo sinalar a aposta polas Bandas da cidade con concertos no Paseo Alfonso XII e o TerraCeo que cualificou como “un dos mellores e máis importantes festivais de España”.