Verán libre de violencias machistas
A FEMP e a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero activan unha campaña informativa coas Entidades Locais para a prevención e actuación fronte agresións machistas
A FEMP e a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero convidan os gobernos locais a participar nunha campaña estival de prevención e actuación co lema Verán Libre de Violencias Machistas. Deste xeito faise un chamamento á forza das Entidades Locais para impulsar un verán libre de violencias machistas propoñendo que en cada festa ou celebración haxa un lugar de atención, información e axuda fronte ás agresións machistas en eventos multitudinarios, tomando como referencia os coñecidos como ‘puntos violeta’.
A Federación Española de Municipios y Provincias enviou modelos de carteis editables para adaptar a cada concello, festa local ou de barrio, con información para as mulleres que poidan requirir a axuda dun servizo especializado como son todas as canles de comunicación con servizos de emerxencia e seguridade e un código QR que abre o mapa de recursos de apoio e prevención #ante casos de violencia de xénero ( WRAP) do Ministerio de Igualdade.
Ademais, lémbrase que existe a posibilidade do financiamento deste tipo de accións das Entidades Locais no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.