Escoitar

Castrelos e Navia, escenario dos próximos concertos da Orquestra Clásica de Vigo

O Concello coopera coa formación na celebración de varios recitais nas próximas semanas que levarán a súa música a diferentes espazos da cidade. Castrelos, Navia, Barreiro e Alcabre serán os escenarios deste ciclo.

venres, 25 xuñ 2021

Tal e como informou o alcalde en rolda de prensa, o primeiro concerto programado será este sábado, 26 de xuño, ás 19 horas da tarde para conmemorar o Día Europeo da Música- Estaba prevista a celebración o día 21 pero tivo que adiarse por mor da chouta. Será nos Xardíns Históricos do Pazo de Castrelos e contará coa colaboración do alumnado da Escola Superior de Arte Dramática.

O domingo, 27 de xuño, a Orquestra Clásica de Vigo ofrecerá un recital da sección de Percusión en Navia, ás 21:00 horas na rúa Teixugueiras. O vindeiro 10 de xullo a cita será no Parque de Barreiro tamén ás 21 horas e o 25 de xullo, haberá concerto da Orquestra Clásica en Alcabre, ás 21:00 horas no Parque da praia de Carril.

A entrada é gratuíta para todos os concertos, con acceso controlado ata completar aforo