O alcalde reúnese co embaixador de Arxentina en España
Abel Caballero mantivo un encontro este martes con Ricardo Alfonsín, embaixador de Arxentina en España, nunha entrevista que cualifica como “moi importante polo que significa Arxentina en Vigo e pola cantidade de persoas nacidas alí que forman parte da cidadanía de Vigo”. Na rolda de prensa posterior á reunión, o rexedor referiuse a Arxentina como un “gran país, amigo e irmán” e compartiu co embaixador a viaxe “entrañable” percorrendo toda Galicia que realizara co seu pai, Raúl Alfonsín, cando este era presidente da República Arxentina.
Descargar todas as imaxes