O Concello participa na XLVII Feira do Libro cunha caseta da Biblioteca Neira Vilas e o Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo
O concelleiro de Cultura, Abel Losada, subliñou o apoio do goberno municipal ás librarías a través da campaña de fomento do comercio local e invitou aos cidadáns a mercar libros porque “é unha boa inversión en termos vitais”.
Do 1 ao 10 de xullo celébrase en Vigo a XLVII Feira do Libro. Nunha presentación no Museo de Arte Contemporáneo, o responsable de área de Cultura, Abel Losada, sinalou que “é un programa completo con moitos autores, casetas de sinaturas, actuacións e tentaremos que o número de participantes nas librarías medre ano a ano”.
O concello participa cunha caseta da Biblioteca Municipal Neira Vilas que terá unha selección da literatura e cine relacionada co mundo do deporte por mor dos Xogos Olímpicos de Tokio. Ademais, as persoas que se acheguen ata o espazo poderá xogar ao Rosco Bibliolímpico. Por outra banda, tamén por terceiro ano consecutivo haberá unha caseta do Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo para a difusión dos servizos e actividades do centro e fomentar a cultura da igualdade.
Nesta edición tamén haberá sete librarías, unha editorial, unha caseta para a Deputación de Pontevedra e dous casetas máis para as sinaturas e secretaría.