martes, 10 mar 2020
A nova grada de Marcador terá visibilidade desde todas as butacas e total accesibilidade, ademais de construírse coa seguridade como obxectivo principal. Así o destacaron este martes en rolda de prensa o concelleiro Javier Pardo, o arquitecto Pedro de la Puente e o enxeñeiro municipal Jerónimo Centrón.
martes, 10 mar 2020
Ata o 3 de abril está aberta tamén a consulta pública da ordenanza reguladora para instalar ascensores na fachada de edificios xa construídos de uso residencial. A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de mellora da seguridade viaria do Camiño Arrouba en Zamáns, cun orzamento base de licitación de 88.000 euros.
martes, 10 mar 2020
O alcalde achegouse este martes ata o auditorio de Beiramar, onde hoxe conclúe a sexta edición co apoio do Concello e a Deputación. Os asistentes poden obter información sobre medio centenar de opcións formativas existentes na área de Vigo.
martes, 10 mar 2020
Desde hoxe e ata o próximo 9 de abril, a rúa Príncipe acolle unha mostra fotográfica que recolle a vida cotiá de Anantapur, unha das zonas máis pobres da India. A través dos ollos de Cristina García Rodero, unha das fotógrafas máis prestixiosas no ámbito internacional, poderemos gozar de 40 imaxes coa vontade de contribuír á sensibilización cidadá. O Concello colabora cunha mostra froito do traballo que desenvolveron conxuntamente na India “la Caixa” e a Fundación Ferrer.