xoves, 20 febreiro 2014

O goberno local estudará posibles colaboracións culturais co Consulado Honorario de Italia

xoves, 20 feb 2014

Abel Caballero recibiu ao cónsul honorario de Italia en Galicia, Francesco Milani, unha vez que o seu homólogo en Vigo se xubilou aos 70 anos. Milani trasladou le ao rexedor que están a buscar substituto e que pretenden que sexa un cidadá italiano. Durante a reunión, Caballero instou ao diplomático a establecer contactos co departamento de Cultura para estudar futuras colaboracións culturais, entre as que podería atoparse a exhibición dunha ópera que está a percorrer Europa con motivo do nacemento de Giuseppe Verdi.

Concerto de Love of Lesbian, no auditorio do Pazo de Congresos de Vigo

xoves, 20 feb 2014

O venres 21 de febreiro, ás 22:00 h, o grupo Love of Lesbian actuará no Auditorio do Pazo de Congresos de Vigo, retomando o concerto previsto no programa Vigo en Festas que fora suspendido o pasado 26 de xullo polo accidente ferroviario acontecido en Santiago de Compostela. Así os e as fans dunha das bandas máis de moda no panorama indie actual poderán gozar do esperado concerto.

Comida homenaxe a Laxeiro, reunión do Padroado e entrega do Premio Laxeiro

xoves, 20 feb 2014

O vindeiro 21 de febreiro celebrarase a tradicional comida homenaxe a Laxeiro en Vigo. Como ven sendo habitual, ese día reuniranse amigos de Laxeiro e persoeiros da cultura, a política e o mundo empresarial para lembrar ao singular artista o día no que cumpriría 106 anos. A coincidencia do 23 de febreiro, a data do nacemento de Laxeiro, en domingo, fixo que se adiantara a celebración deste emotivo acto ao venres, 21 de febreiro