O Concello ofrécese a abonar o aluguer dunha familia desafiuzada en Pi i Margall "un tempo razonable"
O alcalde avanzou que o Concello está a buscar fórmulas para axudar a dúas familias viguesas que están sendo amenazadas con desafiuzamentos. Nun dos casos, o dunha muller cunha filla minusválida que viven en Pi i Margall, o rexedor ofreceuse a que o Concello asuma o custo do aluguer "un tempo razonable para ver se mentres tanto aparece unha solución".
O goberno local está pendente da situación de dúas familias viguesas que están a punto de ser desafiuzadas das súas vivendas. Unha delas ocupaba vivenda do Plan Aluga da Xunta de Galicia e a outra ven de recibir unha orde xudicial para abandonar a vivenda que tiña en aluguer na Pi i Margall. A este respecto, o rexedor avanzou a oferta do goberno local de asumir o custo do arrendamento do piso "durante un tempo razonable a ver se mentres tanto a aparece unha solución". Caballero emprazou á Xunta a actuar dado que as competencias en materia de vivenda son autonómicas.