Escoitar

O goberno local inicia as negociacións para aprobar o orzamento municipal de 2014

Caballero informou hoxe mércores de que o concelleiro de Fomento, David Regades, concertará unha reunión co edil do PP, Miguel Fidalgo, onde iniciar as negociacións para aprobar as contas, traballo do que participará tamén a responsable de Facenda, Raquel Díaz. O alcalde amosou o seu "desexo" de acordar un orzamento que "axude a paliar o impacto social da crise".

mércores, 19 feb 2014
Segundo dixo o alcalde, Regades será o encargado de concertar unha reunión co edil do PP, Miguel Fidalgo, para "levar adiante un proceso de entendemento sobre o orzamento" entre o goberno local e o devandito grupo, entrevistas a celebrarse "o antes posible" e que poderían ter lugar na tarde deste mesmo mércores ou mañá xoves.

Caballero manifestou o seu "desexo" de acordar as contas municipais, un orzamento que sería "moi importante para Vigo" aprobalo para que "axude a paliar o impacto social da crise, a xerar crecemento e a acompañar á saída da crise que cremos que se vislumbra en Vigo".