mércores, 19 febreiro 2014

O goberno local inicia as negociacións para aprobar o orzamento municipal de 2014

mércores, 19 feb 2014

Caballero informou hoxe mércores de que o concelleiro de Fomento, David Regades, concertará unha reunión co edil do PP, Miguel Fidalgo, onde iniciar as negociacións para aprobar as contas, traballo do que participará tamén a responsable de Facenda, Raquel Díaz. O alcalde amosou o seu "desexo" de acordar un orzamento que "axude a paliar o impacto social da crise".

Este xoves e venres, dentro do ciclo ‘Material Memoria’ Montserrat, de Gabino Rodríguez [Lagartijas tiradas al sol]<br /> E o sábado, proxección da película Los mejores temas, de Nicolás Pereda

Ciclo ‘Material Memoria’ no MARCO

mércores, 19 feb 2014

Este xoves e venres, o mexicano Gabino Rodríguez (da compañía Lagartijas tiradas al sol) chega a Vigo para presentar a súa obra Montserrat, unha proposta escénica que se enmarca no ciclo ‘Material Memoria’, comisariado por Pablo Fidalgo Lareo dentro da exposición VERANEANTES. Ao día seguinte, sábado, o programa continúa coa proxección do filme Los mejores temas, de Nicolás Pereda, una coprodución de México, Canadá e Países Baixos, na que o propio Gabino Rodríguez encarna a un dos protagonistas.