O Concello cooperará coa Asociación de Mariñeiros de Bouzas na súa nova sede
O alcalde de Vigo mantivo hoxe mércores un encontro cos responsables da entidade, que proxecta construir unha nova base xunto ao campo de fútbol de Bouzas. Caballero trasladoulles a colaboración do Concello, que xa apoia á Asociación mediante un convenio.
En rolda de prensa tras a celebración da entrevista, Abel Caballero trasladou á Asociación de Mariñeiros de Bouzas a cooperación municipal coa nova nave que prevé erixir xunto ao campo de fútbol da antiga vila, proxecto que lle presentaron esta mañá ao alcalde.
Caballero recordou que a entidade xa xestiona os barcos tradicionais de titularidade municipal, cos que nenos e nenas aprenden a navegar. A colaboración do Concello coa Asociación aséntase nun convenio de colaboración entre as partes.
Descargar todas as imaxes