Escoitar

O alcalde ve "unha boa nova" a reunión co conselleiro para tratar "a fondo" o transporte metropolitano

Tras solicitalo en varias ocasións, o alcalde informou este mércores da recepción no Concello dunha carta na que o conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, acepta reunirse con Caballero para estudar "a fondo" o proxecto de implantación do transporte metropolitano en Vigo.

mércores, 19 feb 2014
1392813978Imagen005.jpg
Abel Caballero valorou hoxe mércores positivamente que o conselleiro aceptase a reunión bilateral proposta polo alcalde para estudar "a fondo" o proxecto de implantación do transporte metropolitano na cidade.

No nomeado escrito, segundo afirmou, Hernández informa da cita convocada para o 20 de febreiro con todos os municipios incluídos na proposta e avanza da convocatoria doutra reunión posterior na que participarán tamén as empresas que ofrecen o transporte metropolitano. Caballero agarda da entrevista co conselleiro coñecer os datos e as cifras que custaría para Vigo instauralo, toda vez que a cantidade feita pública recentemente -uns 36.000 euros- corresponde a un estudo de 2010.
Descargar todas as imaxes