Caballero ve "posibilidades" de aprobar o orzamento cunha "inmensa maioría dos votos"
O alcalde mantivo este martes reunións cos voceiros dos grupos municipais do PP e do BNG de cara á aprobación do orzamento presentado polo goberno local para 2014. Caballero informou da celebración de entrevistas en próximos días entre socialistas e populares para negociar "temas concretos", mentres que os nacionalistas manifestaron a súa vontade de votar en contra do documento.
Na mañá deste martes, Abel Caballero mantivo reunións individuais cos voceiros dos grupos municipais do PP, Chema Figueroa, e do BNG, Iolanda Veloso, para abordar o borrador de orzamento municipal para 2014 elaborado polo goberno de Vigo e remitido á oposición para o seu estudo.
En rolda de prensa posterior, o alcalde informou da vontade de dialogar manifestada polos populares de cara a apoiar "eventualmente" o orzamento. Segundo indicou, o PP propuxo cuestións xenéricas relativas á proxectos como a depuradora, o apoio aos voos en Peinador e a presión fiscal do próximo ano, asuntos que serán abordados en próximas entrevistas que manterán concelleiros socialistas e populares designados ao efecto. Posteriormente se celebraría unha nova reunión entre Caballero e Figueroa para ver se é posible chegar ou non a un acordo.
Pola súa banda, tal e como trasladou Caballero ante os medios de comunicación, o Bloque Nacionalista Galego rexeita o texto, amosou a súa intención de votar en contra e non apoiar os orzamentos do Concello para 2014: "xa non conto a partir de agora co eventual apoio nin sequera coa eventual negociación para chegar a un acordo", concluíu o rexedor.
O alcalde é "optimista" e ve "posibilidades" de aprobar as contas cunha "inmensa maioría dos votos", pois "o orzamento é bo". Caballero asegurou que lle gustará coñecer no futuro por qué o Bloque "nin sequera plantea o ámbito da negociación" dun texto "con contido máis social que o anterior".