Escoitar

Caballero salienta a "gran calidade" dos traballos presentados ao Concurso de Carteis da Reconquista

Cristóbal Aguiló foi designado gañador da oitava edición deste certame, que distinguiu con dos accésits os carteis dos vigueses Emilio García e Leticia Rodríguez. O alcalde subliñou hoxe luns o "altísimo nivel" de boa parte das 44 propostas gráficas presentadas, expostas na lonxa do Concello ata o 30 de marzo.

luns, 17 feb 2014
1392641697carteles.JPG
Os 44 carteis presentados ao concurso para elexir a imaxe da festa da Reconquista da vila de Vigo de 2014 están xa expostos na lonxa do Concello, un certame de "gran calidade" que eleva o nivel co paso das edicións, segundo explicou Caballero.

O alcalde de Vigo visitou esta mañá a mostra na lonxa, onde estarán dispostos os traballos ata a celebración da festa -do 28 ao 30 de marzo-, observando un "altísimo nivel" en dez ou quince dos carteis elaborados ao efecto. O xurado encargado de designar o gañador e dous accésits foi presidido por Carlos López Font, en calidade de concelleiro de Cultura, e integrado por dous membros da Asociación de Veciños do Casco Vello, o fotógrafo Ricardo Grobas, e Jaime González de Haz.
Descargar todas as imaxes