Escoitar

A Mesa de Comercio viu positiva a campaña municipal de Nadal e informou dos proxectos para 2014

O alcalde presidiu este luns a Mesa Local de Comercio -integrada pola gran maioría de asociacións e federacións sectoriais da cidade- e informou da boa acollida do planteamento municipal no Nadal, tanto en iluminación como en decoración. A Mesa tamén emitiu informe das campañas propostas polo comercio local para 2014.

luns, 17 feb 2014
1392641737comercio.JPG
En rolda de prensa, Abel Caballero explicou que o sector valorou positivamente neste foro as accións do Concello no Nadal, a iluminación e a decoración nas distintas zonas da cidade, solicitando un planteamento similar para o próximo ano. O rexedor recordou que foron iluminadas unhas 60 rúas máis das habituais nas últimas festas.

O Mesa tamén recibiu e emitiu informes sobre as campañas de promoción do comercio elaboradas polas entidades para o 2014, coa finalidade de optar a subvencións públicas. Caballero expuxo algunhas das iniciativas, como "Progresa na Cociña" (realización e degustación de platos no mercado do Progreso), o Soho Zona Centro, a Noite Branca, proxeccións en "Curtas na Rúa", visitas de escolares ao mercado do Berbés, noites de cine no Vigovello, "A Noite Encantada" nas Travesas e o Vigo Shopping Night.

Caballero afirmou que a reunión celebrouse nun "bo clima" de traballo e os membros da Mesa avaliaron factores de afección ao comercio, como o mantemento da paga extra de Nadal e a nova carga de traballo para o naval, elementos que parecen vislumbrar en Vigo "horizontes" de mellora da situación do sector.
Descargar todas as imaxes