Comida homenaxe a Laxeiro, reunión do Padroado e entrega do Premio Laxeiro
O vindeiro 21 de febreiro celebrarase a tradicional comida homenaxe a Laxeiro en Vigo. Como ven sendo habitual, ese día reuniranse amigos de Laxeiro e persoeiros da cultura, a política e o mundo empresarial para lembrar ao singular artista o día no que cumpriría 106 anos. A coincidencia do 23 de febreiro, a data do nacemento de Laxeiro, en domingo, fixo que se adiantara a celebración deste emotivo acto ao venres, 21 de febreiro
Reunión anual do Padroado da Fundación Laxeiro
Esa mesma data, pola mañá, reunirase o Padroado da Fundación Laxeiro para presentar a Memoria correspondente ao Exercicio 2013, as previsións para 2014 e elixir á persoa ou institución gañadora do Premio Laxeiro 2014.
ENTREGA DO PREMIO LAXEIRO 2014
O Premio Laxeiro é un galardón que a Fundación Laxeiro ven outorgando dende 2004, a unha persoa ou institución de probada solvencia na difusión e potenciación da cultura galega. O premio será entregado polo Presidente da Fundación Laxeiro e Alcalde de Vigo, Abel Caballero Álvarez, nun sinxelo acto antes de dar comezo á comida. Estarán presentes tamén outros membros do Padroado, como o Conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez Abad, os artistas Antón Pulido, e Xosé María Barreiro, O crítico de arte, coleccionista e comisario,Román Pereiro, a filla de Laxeiro e Vicepresidenta da Fundación, Mari Cruz Otero Villamarín, os netos, Carlos García – Suárez, Secretario Xeral da F. Laxeiro e Heriberto García – Suárez, o Director Artístico da Fundación Laxeiro, Javier Pérez Buján.
Foron Premio Laxeiro en edicións anteriores:
2004. Francisco Fernández del Riego
2005. Obra Social Caixanova
2006. Xaime Isla Couto
2007. Isaac Díaz Pardo
2008. Carlos Oroza
2009. Antón Lamazares
2010. Xosé Neira Vilas
2011. Carme Kruckenberg
2012. Luis Mª. Caruncho
2013. Jorge Castillo
Descargar todas as imaxes