Escoitar

O Concello acomete a limpeza da estrada vella de Madrid, de titularidade autonómica

O alcalde informou do inicio este xoves dos traballos de limpeza e adecentamento da estrada vella de Madrid, un vial competencia da Xunta de Galicia que se atopa en mal estado. Tras varios requerimentos á administración autonómica, o goberno local asume a mellora de cunetas, beirarrúas e taludes.

xoves, 20 feb 2014
Caballero explicou que a estrada vella de Madrid está "sen coidar" e a administración que preside recibe numerosas queixas de veciños e usuarios polo seu deterioro, ante o que o goberno de Vigo requeriu en varias ocasións, sen resultado, á Xunta de Galicia o seu arranxo. Desde hoxe é o Concello de Vigo o que asume a limpeza da estrada vella con brigadas e tractores desbrozadores, incluindo melloras nas beirarrúas.

Por outra banda, e en relación ao mesmo vial, Abel Caballero recordou a presencia habitual dunhas cinco caravanas na zona. O goberno local entende que estes vehículos "non poden estar ahí" e está a dialogar cos seus propietarios para resolvelo cun traslado de ubicación.