martes, 15 xuño 2010

Industria asegura que traballa "codo con codo" co alcalde para traer a Vigo a factoría de baterías para o coche eléctrico

O ministro de Industria, Miguel Sebastián, visitou este martes as instalacións da factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën -acompañado do alcalde de Vigo, Abel Caballero- tras o que acudíu ao astaleiro de Metalships. Sebastián asegurou que traballa co Concello e Xunta para instalar unha factoría de baterías, e salientou a relevancia do coche eléctrico, no que tamén traballa co goberno municipal.

O Concello inicia un plan para controlar a colonia de gatos salvaxes de Vigo mediante a esterilización

martes, 15 xuñ 2010

O alcalde, Abel Caballero, asinou este martes o convenio coa Universidade de Vigo, a Protetora de Animais, o Colexio de Biólogos de Galicia e o de Veterinarios de Pontevedra. O obxectivo pasa por esterilizar aos gatos da rúa e evitar así o crecemento das colonias, evitando as molestias que xeran. A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, recordou que leva destinado 400.000 euros á mellora dos animais e da Protetora municipal.

Cultura e Patrimonio Histórico impulsan un ciclo de música clásica nos xardíns de Castrelos que comeza o 2 xullo

martes, 15 xuñ 2010

Os concelleiros de Cultura, Xesus López, e Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, anunciaron este martes que os xardíns do Pazo de Castrelos acollerán un ciclo de música clásica os venres do 2 de xullo ao 10 de setembro. Na presentación do ciclo, os nacionalistas salientaron que os concertos serán gratuítos e dunha gran calidade, xa que serán protagonizados por alumnos e alumnas dos dous conservatorios de música de Vigo, o Superior e o Profesional.

Os gañadores do Concurso de Piano do Náutico actúan mañá no Centro Cultural Caixanova ás 20 horas

martes, 15 xuñ 2010

Os gañadores e gañadoras do XII Concurso Peninsular de Piano do Real Club Náutico para intérpretes novos, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura, actuarán mañá, 16 de xuño, ás 20 horas no Centro Cultura Caixanova. Segundo salienta o concelleiro Xesus López, o obxectivo deste concurso é difundir a cultura musical e apoiar o talento e a creatividade dos novos pianistas, promocionando as súas carreiras artísticas.

Comeza o servizo de socorrismo en once areais de Vigo

martes, 15 xuñ 2010

A Concellería de Medioambiente, dirixida pola socialista Chus Lago, ampliou a presencia dos socorristas a dúas praias máis que o pasado ano. A edil explicou que o persoal estará presente do 15 de xuño ao 15 de setembro nas oito praias con bandeira azul, ademáis de en Samil, Saiáns e no Agro, en Bouzas.

O tenente de alcalde presenta a décima edición da Vigo Cup como "o torneo de base máis importante de Galiza"

martes, 15 xuñ 2010

A décima edición da Vigo Cup, torneo internacional de fútbol base, disputarase do vindeiro 28 de xuño ao 4 de xullo en dez campos de Vigo e contará con 184 equipos de 63 clubs, dos que once clubs (24 equipos) pertencen a entidades deportivas de Estremadura, Castela León, Madrid, Canarias e Portugal. Así o anunciou hoxe o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, acompañado polo concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, e a directora xerente de VIDE, Laura Magdalena, durante a presentación do evento na sede da fundación.

O Concello inviste 140.000 euros no Parque Ernesto Lecuona, en Lavadores

martes, 15 xuñ 2010

Abel Caballero percorreu o parque acompañado polas edís socialistas Raquel Díaz e Isaura Abelairas máis o concelleiro de Distritos, Ángel Rivas. O rexedor visitou as instalacións e escoitou as demandas dos veciños da zona, despóis de comprobar a boa acollida do parque entre os veciños. Despois de Vigo-centro, o barrio de Lavadores é o que máis inversións recibiu en parques infantís no exercicio de 2009, con 85.287 euros. Para este ano o goberno ten previsto un investimento de 4,2 millóns de euros para a creación doutros 40 parques en toda a cidade.