venres, 18 xuñ 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este venres o dispositivo policial para a vixilancia e seguridade das costas e das praias, conformado por 14 axentes e a novidade dun oficial permanente ao mando da brigada. Caballero eloxiou o "factor de seguridade e confianza" que supón a súa presenza nos areais da cidade. O Concello instalou ademais paneis informativos sobre o axeitado uso da praia de Samil.
venres, 18 xuñ 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, fixo este venres un chamamento á participación na XXVII Carreira Nocturna de San Xoán, que sairá o día 23 de xuño ás 21.15 horas dende a praza do Rei. O nacionalista destacou que esta carreira está incluída no Circuíto de Carreiras Populares, e nela os deportistas ademais de disputar a carreira poderán tamén participar na sardiñada prevista ao remate na Praza do Berbés.
venres, 18 xuñ 2010
O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, recolleu hoxe o apoio unánime da asamblea do Spain Convention Bureau para a incorporación da nosa cidade a este organismo de xestión de turismo congresual, de incentivos e de negocios. Esta incorporación, xa efectiva, permitirá a Vigo entrar nun circuíto internacional e beneficiarse de todas as accións de promoción que se desenvolven a través do Spain Convention Bureau para a captación de novos congresos.
venres, 18 xuñ 2010
Xa están á venda as entradas para asistir ao concerto que o grupo de hip hop Public Enemy ofrecerá no auditorio de Castrelos o día 5 de agosto ás 22 horas. Puxéronse á venda un total de 3.500 entradas, a un prezo de 10 euros adquiríndoas anticipadamente e 12 euros en taquilla. Poden mercarse a través de www.servinova.com, no teléfono 902 504 500 e na Central de Espectáculos (rúa Velázquez Moreno).
venres, 18 xuñ 2010
O programa de lecer xuvenil alternativo "Súbete ao Castro" celebrará mañá sábado a súa festa fin de curso no seu emprazamento habitual ao carón da pista de bicicletas de O Castro, segundo anunciou a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso. A partir das 18 horas sucederanse as actuacións do alumnado e profesorado, que rematarán ás 23 horas co Castroconcerto do grupo de punk rock Life in Green e de pop rock Frab Fly.
venres, 18 xuñ 2010
O Museo de Castrelos acollerá o vindeiro domingo, 20 de xuño, unha nova edición do programa para familias "Domingos de museo". Nesta ocasión será o obradoiro "Landriña descobre a mitoloxía", que se desenvolverá de 11:30 a 13:30 horas, segundo avanza o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez.
B A N D O
venres, 18 xuñ 2010
Por medio do presente Bando, ponse en coñecemento dos interesados en<br />
realizar disparos ou queimas de material pirotécnico en contía menor de<br />
50 kg. no termo municipal de Vigo, en especial as comisións de festas e<br />
empresas pirotécnicas, os requisitos necesarios para obter a preceptiva<br />
autorización municipal.
Mobilidade, transportes e seguridade
venres, 18 xuñ 2010
Ás 10:00 horas do vindeiro domingo 20 de xuño de 2010, terá lugar unha marcha pola sanidade pública por mor das reivindicacións que están a realizar os traballadores e traballadoras do Servizo Galego de Saúde en contra da privatización da sanidade pública.
venres, 18 xuñ 2010
O CAT, Centro de Artesanía Tradicional do Concello de Vigo, convoca os obradoiros estivais para rapaces/as entre os 7 e os 16 anos que queran ocupar o seu lecer en actividades onde as súas mans e o seu enxeño serán as principais ferramentas de traballo.