mércores, 16 xuño 2010

O décimo Festival Aéreo Internacional de Vigo reunirá o 18 de xullo a unha vintena de patrullas e pilotos acrobáticos

A organización espera superar os 400.000 asistentes para consolidar o festival como "o evento de lecer de maior afluencia do noroeste peninsular". A Patrulla Aguia, que conmemora a súa 25 aniversario, e a Armada Española, que se suma ao certame coa entrega da bandeira de combate á Fragata F100 Méndez Núñez e a atracada do buque Juan Sebastián Elcano, serán dous dos principais atractivos. A programación da Semana Cultural Aeronáutica incluirá os días 15, 16 e 17 diversas exposicións, conferencias e probas en simuladores de voo, entre outras actividades. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a décima edición do FAV en Madrid.

A Concellería de Seguridade recibíu solicitudes para organizar 14 fogueiras na noite de San Xoán

mércores, 16 xuñ 2010

O servizo municipal de Bombeiros, dependente da Concellería de Seguridade que dirixe o socialista Xulio Calviño, está a estudar as 14 solicitudes recibidas para a realización de fogueiras na noite de San Xoán de Vigo. De cara a ser autorizadas, os bombeiros inspeccionarán cada unha das peticións 48 horas antes da celebración, para garantir a máxima seguridade da cidadanía.

O tenente de alcalde presenta unha proposta que permite abrir ao mar a Praza do Berbés e ampliala nun 75%

mércores, 16 xuñ 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este mércores unha proposta de reordenación do contorno da Praza do Berbés que ten como finalidade abrila ao mar. A actuación, que contemplaría 28.000 metros cadrados de superficie, permitiría ampliar a praza nun 75%. Na presentación do proxecto, na que tamén participou o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, os nacionalistas defenderon a idoneidade de levar a cabo esta actuación "aproveitando" que a Xunta anunciou a ampliación do túnel de Beiramar.