O Concello inviste 140.000 euros no Parque Ernesto Lecuona, en Lavadores
Abel Caballero percorreu o parque acompañado polas edís socialistas Raquel Díaz e Isaura Abelairas máis o concelleiro de Distritos, Ángel Rivas. O rexedor visitou as instalacións e escoitou as demandas dos veciños da zona, despóis de comprobar a boa acollida do parque entre os veciños. Despois de Vigo-centro, o barrio de Lavadores é o que máis inversións recibiu en parques infantís no exercicio de 2009, con 85.287 euros. Para este ano o goberno ten previsto un investimento de 4,2 millóns de euros para a creación doutros 40 parques en toda a cidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou onte luns o parque ubicado na rúa Ernesto Lecuona, no barrio de Lavadores, no que a concellería de Limpeza, Parques e Xardíns investiu preto de 140.000 euros. Na visita o rexedor estivo acompañado polas edís Raquel Díaz e Isaura Abelairas ademáis de polo concelleiro de Distritos, Ángel Rivas, cos que percorreu as instalacións deste parque infantil.
O investimento inclúe, ademáis dos xogos, o alumeado, o movemento de terras, o pavimento, muros e saneamento, mobiliario e balaustrada, rego, arborado, arbustos e plantas e a pradeira anexa a área de xogo infantil.
A demanda da zona quedou onte reflictida no gran número de rapaces que xogaban xa nas instalacións municipais e que ata o de agora non dispoñían dun lugar de esparcemento no seu entorno máis cercano. Abel Caballero tamén escoitou as demandas dos veciños e realizou un percorrido con eles polas rúas aledañas.
Despóis da zona Vigo-Centro o barrio de Lavadores é o que máis investimento ten percibido da concellería de Limpeza, Parques e Xardíns no pasado ano, cunha inversión de 85.287 euros. Neste sentido ao longo deste mandato o goberno municipal socialista ten creado e reformado un centenar de parques infantís e para este ano hai un orzamento previsto de 4,2 millóns de euros para a creación doutros 40 parques en toda a cidade.
Descargar todas as imaxes