Abel Caballero visitou o renovado parque da rúa Merlo, no que o Concello investíu 72.000 euros
O alcalde de Vigo acudíu este luns a visitar o resultado do acondicionamento do parque infantil, do entorno e da pista deportiva sita na rúa Merlo, no que o Concello investíu 72.000 euros, "un dos cinco maiores investimentos que fixemos ata o de agora en parques". Abel Caballero tamén informou dun convenio de colaboración asinado con Agarimo para a realización das súas actividades de asesoramento cidadá.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este luns o renovado parque da rúa Merlo, onde o Concello investiu 72.000 euros para o acondicionamento do entorno, da pista deportiva e dun novo parque infantil.
Tal e como explicou o socialista, quen acudiu acompañado da concelleira de Parques e Xardíns, Raquel Díaz, e o edil de Distritos, Ángel Rivas, o novo espazo foi mellorado co axardinamento do entorno, coa iluminación e cun novo e innovador sistema de peche perimetral da pista deportiva, que inclúe un sistema de amortiguación para paliar o ruído xerado polos golpes da pelota coa valla, cun bo resultado.
O alcalde asegurou que os 72.000 euros destinados á renovación e acondicionamento desta zona de esparcemento é "un dos cinco maiores investimentos que fixemos ata o de agora en parques", e defendeu estas actuacións como "factor de calidade de vida moi importante" para os veciños.
Agarimo
Nunha declaración a medios na rúa Merlo, Abel Caballero informou asemade da Xunta de Goberno Local que celébrase este luns, que dará o visto bo ao convenio a asinar coa Asociación Agarimo para o mantemento das súas actividades.
O rexedor municipal aseverou que este acordo de colaboración representa o modelo de cooperación do ámbito público coa sociedade civil que "está a ser moi útil e da moi bo resultado", e permitirá a Agarimo continuar ofrecendo asesoramento aos consumidores.
Descargar todas as imaxes