martes, 18 ago 2009
O Real Club Celta medirase ao Sporting de Xixón este xoves no XXXIX Cidade de Vigo de fútbol, unha nova edición a partido único que se xogará ás 21.00 horas no estadio municipal de Balaídos, segundo afirmou esta mañá o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. "O Celta ten unha historia de equipo potente e este trofeo significa podelo ver rodar, é un posible exame de como está a posta en marcha do equipo", salientou o edil do BNG.
martes, 18 ago 2009
A segunda edición do Trofeo Cidade de Vigo de Fútbol Sala disputarase o vindeiro sábado, a partir das 20.30 horas, no pavillón central das Travesas, segundo anunciou este martes o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. Na presentación da competición, na que tamén participou o vicepresidente deportivo do Coruxo F.C., Pachi Comesaña, e o director deportivo do Inter Movistar F.S., Julio García, o concelleiro nacionalista animou aos vigueses e viguesas a "acudir a este evento deportivo do máis alto nivel".
martes, 18 ago 2009
O alcalde recibiu este martes na Alcaldía aos integrantes do equipo vigués de policías e bombeiros que representou á cidade nos Xogos Mundiais celebrados en Vancouver, Canadá, nos que obtiveron 12 medallas -3 de ouro, 7 de prata e 2 de bronce-, un resultado mellor do agardado.