Escoitar
Dirección de ingresos

Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das taxas pola prestación do servizo de Axuda no Fogar prestado polo departamento de Benestar Social

venres, 14 ago 2009

O Pleno do Excmo. Concello de Vigo, celebrado en sesión do 27 de xullo de 2009, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das taxas pola prestación do servizo de Axuda no Fogar prestado polo departamento de Benestar Social. (21)


O expediente atópanse na Oficina de Información deste Concello para información pública e audiencia ás persoas interesadas durante o prazo de 30 días hábiles dende a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia nº 153 de data 11 de agosto de 2009, para que poidan presentar, de ser o caso, reclamacións e suxestións ós acordos de aprobación provisional de conformidade cos artigos 17 do R.D.L. 2/2004 do 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e 49 da Lei 7/85 de bases de réxime local.