Abel Caballero ofrece á Xunta cofinanciar os 20 millóns de euros da reforma dos colexios de vigo
O alcalde de Vigo plantexou á Xunta de Galicia que aporte o 60% e o Concello achegaría o 40% restante dos 20 millóns a tres anos que custaría mellorar os centros educativos públicos da cidade -competencia exclusiva da administración autonómica-. Ademais, Abel Caballero asegurou a ampliación de oito comedores escolares xa saturados.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Educación, Laura López Atrio, acudiron este venres ao colexio Ria de Vigo, onde ofreceu á Xunta de Galicia cofinanciar os 20 millóns de euros que custa a mellora integral dos centros educativos públicos da cidade.
A pesar de ser competencia autonómica, o alcalde mostrouse disposto a achegar o 40% do total para que a Xunta asuma o 60% restante dos 20 millóns a tres anos. Abel Caballero, na súa entrevista co presidente Núñez Feijóo, xa lle transmitira a necesidade dunha reforma integral das instalacións.
Xunto á mellora integral, o alcalde asegurou asemade a ampliación de oito comedores escolares que xa están saturados, ante o incremento dun 40% da demanda de becas municipais para o curso entrante.
A ampliación das instalacións dos oito colexios foi tamén solicitada á Xunta de Galicia, ante o que o máximo mandatario autonómico mostrou boa disposición -segundo expresou Abel Caballero- pero o Concello ainda non recibiu resposta algunha.
O alcalde asegurou -ante a necesidade urxente da ampliación para atender a demanda- que se a Xunta non acomete estas melloras, o Concello asumirá o custo, que non chegaría aos 750.000 euros.
O Concello está actualmente investindo 750.000 euros no mantemento das instalacións dos colexios públicos vigueses, tal e como apuntou o alcalde, sendo unha mostra do "apoio absoluto e do fortalecemento municipal da ensinanza pública" como un "factor de igualdade".
Descargar todas as imaxes